PULSEIRAS – Como conseguilas, como recargalas e devolución do diñeiro

Este ano como novidade no Asalto ao Castelo de Vimianzo contaremos con pulseiras cashless. Un xeito máis cómodo e sustentable de poder pagar na zona de concertos.

Como facer para conseguila? As persoas que teñan entrada para Tanxugueiras xa a recibirán na propia entrada. A partir de aí, conseguirase no posto da organización.

Como recargalas? No posto da organización, podes poñer a cantidade que desexes e aboala tanto en efectivo como con tarxeta, por primeira vez no festival.

Como saber canto diñeiro me queda? Cando realizas o pagamento na barra ou no posto da organización podes preguntarllo ao persoal que o terá rexistrado na aplicación de woutick.

E se me queda diñeiro sen consumir que fago? A partir do luns 3 de xullo, ás 00h, poderás solicitar a devolución dos cartos que non gastases. Terás 10 días para poder facelo a través desta ligazón: https://www.woutick.es/devoluciones-cashless/25090/33079