Legua irmandiña
Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, organízase esta carreira popular o sábado 25 de xuño, vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida. Pouco despois do nacemento desta actividade o alento popular cristalizou no club de atletismo vimiancés Terra de Soneira coorganizador do evento xunto coa A. C. Cherinkas e o Concello de Vimianzo.
Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento final monumento e da competición organizada no morrer do día.
Tamén por suposto, todas as idades terán acobillo nas distintas categorías que conforman a carreira.
Os actos da proba concluirán con animación musical no foso do castelo, alén da cerimonia de entrega de premios e do avituallamento líquido e sólido de rigor.
Desde o máis amable ánimo irmandiño convidámosvos a participar e a asaltar ás carreiras o castelo. Arde Soneira!
Revisa o regulamento neste enlace.
Inscríbete en galitiming.com