Cea Medieval

Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Con once edicións, xa é unha das actividades máis esperadas do Asalto e cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto, este ano 2023 é o 30 de xuño. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ás xentes, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 500 comensais.

 

ENTRADAS ESGOTADAS PARA A CEA MEDIEVAL

Ao igual que o ano pasado, e co gallo de evitar calquera inxustiza, procedemos a aclarar como será o sistema de venda de entradas (prezo de 30 €) para a XII Cea Medieval.

1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo comeza o 16 de maio e remata o 29 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 2 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través do correo electrónico festa@asaltoaocastelo.gal.
A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man pode anotarse a través dos mesmos medios de contacto, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

2) A partir das 09:00 do 30 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.woutick.es

 

ENTRADA LIBRE A PARTIR DE MEDIANOITE

Trala boa acollida do ano pasado, dámoslle continuidade á dobre oferta musical no palco tralo remate da cea e as actuacións que a amenizarán.

As portas para os comensais abrirán ás 21h. e a comida comezará a servirse ás 21:30h., entre mentres amenizaremos cun enlace irmandiño.

LEMBRA: obrigatorio vir vestido de época.

Para aqueles que queiran vir á sobremesa e aos concertos, as portas abrirán a partir da 00:30h da madrugada.