MAPA – Novidades no recinto dos concertos e accesos ao Asalto ao Castelo
Este ano, hai moitas novidades en canto aos accesos e ao recinto do Asalto que, por primeira vez, estará completamente valado.
Só haberá UN ÚNICO ACCESO na rúa do Asalto, desde a rúa da Torre (estrada principal A Coruña-Fisterra). Non se poderá acceder desde o Camiño de Trasariz ou desde a zona do Campo de fútbol ou Polígono Industrial. Polo tanto, as persoas que escollan a zona de acampada para durmir deberán subir á estrada principal (Fonte dos Cabalos) e de alí baixar ao único punto de acceso. Isto será así durante o concerto de Tanxugueiras. Despois si se habilitará un acceso e saída cara a zona de acampada máis directo.

Desde a apertura de portas ás 21h até o fin do concerto das Tanxugueiras, só se poderá acceder ao recinto fechado con entrada. Polo tanto, quen queira cear pero non teña entrada, só pode acceder desde a Fonte dos Cabalos, pola zona de acampada.
Por outra banda, este ano, por primeira vez haberá PULSEIRAS cashless. Teremos no posto da organización o punto de recarga de diñeiro (en efectivo ou tarxeta).
Para conseguir as pulseiras, toda persoa que teña entrada para Tanxugueiras xa a vai recibir no control de entrada. Quen veña despois poderá conseguila no posto da organización.
Lembrade que a Zona de Acampada é libre e sen reserva previa, e que tedes duchas ao voso dispor.
Seguiremos ampliando información!