Arte visual na ruta á Cruz do Loureiro con Jurek Janiszewski e Miguel Queiro
A II edición desta Ruta céntrase nunha performance e na narrativa de Miguel Queiro e Jurek Janiszewski. Terá lugar o domingo 25 de xuño, con inicio ás 11h.
O alto da Cruz do Loureiro permite contemplar, entre outros espazos, o Castelo de Vimianzo. A súa posición estratéxica acrecentou a importancia de varias lendas que aínda hoxe resoan por todo o val.
Se no Asalto ao Castelo do ano pasado se recollían varias destas lendas e se mesturaban coa ficción teatral e co rigor da historia, nesta edición de 2023 apostarase por profundar nunha daquelas e, para iso, deseñarase unha performance que ten como obxectivo principal ofrecer uns “tributos espectrais á irmandade caída”, tal e como ensina o subtítulo da actividade. Dentro da acción performática inclúese unha ofrenda floral a que poderá sumarse calquera persoa inscrita.
A ruta, coordinada pola Asociación Cultural Cherinkas, conta coa dinamización artística de Miguel Queiro e Jurek Janiszewski, nunha nova proposta de valor que contribúe a darlle relevancia desde unha óptica distinta ás guerras irmandiñas e a vasalaxe atemporal e universal que se desprende destas.

As inscricións, gratuítas, poden facerse a través do formulario (https://n9.cl/fn72p) e están abertas ata dous días antes do día da ruta. A actividade iníciase ás 11h do domingo 25 de xuño desde a praza Castelao.
O traxecto, de 4 km, pasará por varios puntos de interese, alén do Alto da Cruz, e finalizará no castelo de Vimianzo. A duración da actividade será de 2 horas e media.
INSCRICIÓN: