Máis de 30 postos xa confirmaron a súa asistencia á Feira Artesanal

Gran éxito de inscricións na Feira Artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Na mesma semana na que se abría o prazo para inscribirse, xa contamos con 30 postos confirmados.

Non se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida. Porén, si se aceptan os produtos ecolóxicos/naturais, sempre que non estean destinados a seren consumidos durante a feira.

Débese formalizar a inscrición en tempo e forma. O prazo para inscribirse remata o xoves 29 de xuño. A inscrición será realizada de forma telemática a través do formulario da nosa web.

Para participar vendendo produtos ecolóxicos e artesanais, deben inscribirse no apartado da feira artesanal da nosa web.