Unha ruta teatral para celebrar os 25 anos

Conta a lenda que no alto da Cruz do Loureiro aforcaron a varias persoas que se rebelaran contra os señores do castelo de Vimianzo…

Celebramos os 25 anos do Asalto cun paseo polos escenarios da festa nun “Diálogo co tempo e co lugar”.

Data: Domingo 26 de Xuño – 10h30
Punto de encontro: Praza Castelao
Distancia: aprox. 4 km (ida + volta)
Duración: aprox. 2h-2h30.
Recoméndase calzado axeitado para a subida ao monte.

É obrigatorio inscribirse para participar na Ruta teatral
INSCRICIÓN OBRIGATORIA

FIN DE PRAZO – 23 DE XUÑO