Comeza a venda das entradas para a Cea Medieval

Coa volta do Asalto ao Castelo volve tamén unha das súas citas máis singulares: a Cea Medieval. Este ano faranse once edicións do gran festín con pratos da época que se celebra no foso do castelo de Vimianzo o venres 1 de xullo. Coa capacidade de acceso limitada, é importante prestar atención aos diferentes momentos de venda de entradas (30€) que se abrirán durante este mes:

1) Desde esta semana xa está aberto un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores, até o 22 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 4 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través do correo festa@asaltoaocastelo.gal.

A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man pode anotarse a través dos mesmos medios de contacto, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

2) A partir das 09:00 do 23 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online http://www.enterticket.es

A gran Cea Medieval do Asalto ao Castelo contará ademais da súa completa oferta gastronómica histórica, con animación teatral e musical, neste caso a cargo do fantástico Cé Orquestra Pantasma.