O Asalto será máis internacional coa banda Talco

Máis cedo que nunca, vanse quencendo os ánimos para celebrar a noite musical do Asalto ao Castelo. A organización vén de anunciar a primeira confirmación que poñerá ritmo internacional á festa no seu 25 aniversario: Talco.

En pouco máis de quince anos desde a súa creación e con sete álbums publicados, a italiana xa é unha das bandas de ska máis importantes da escena en Europa. Talco xurde en Marghera, Venecia, como un grupo ska e punk, que logo vai conseguir éxito en todo o país e fóra das súas fronteiras. O seu son é contundente, con moita enerxía no escenario, característicos polos seus ventos e que por veces lembra á música de circo e folk italianos. As súas letras cunha forte mensaxe política xa resoaron en festivais de primeira categoría da península Ibérica, Francia, Alemaña, Países Baixos, Rusia…

O Asalto ao Castelo de Vimianzo, que se celebra o sábado 4 de xullo, conmemora a data importante do seu 25 aniversario. De aí que a organización está xa a traballar para facer desta unha edición memorable, na que a aposta musical será un dos seus puntos fortes.

Tampouco para a promoción da festa. Se hai unhas semanas visitabamos Fitur por primeira vez, este venres día 7, os Pinchos Irmandiños e a Cea Medieval estarán presentes en Ourense no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar.

Talco no Asalto ao Castelo 2020