IV Concurso de Fachadas – Premiados

Na tarde do sábado do Asalto fíxose entrega dos premios do IV Concurso de fachadas. O xurado valorou nesta ocasión a singularidade e o traballo na decoración, que, como apuntaron, cada ano vai a máis e se pon máis difícil a elección. Nesta edición houbo premios para vivendas e para establecementos de forma diferenciada. Deste xeito, na categoría de vivendas o primeiro premio foi para un balcón do número 28 da Praza Roxa e o segundo para a fachada do número 16 da rúa Castelao, con cabeza de dragón incluída. Na categoría de establecementos, o primeiro galardón levouno o escaparate de Carola Moda e o segundo MD Carril, os dous tamén na rúa Castelao.

TODAS AS IMAXES NO ÁLBUM

fach1

1º premio na categoría de establecemento

fach2

2º premio na categoría de establecemento

fach3

1º premio na categoría de vivenda

fach4

2º premio na categoría de vivenda