Sabes que se completas a Ruta dos Pinchos Irmandiños tes premio?

pinchos irmandiños 2016

Desde o martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, Vimianzo arrecende a sabores doutra época: os IX Pinchos Irmandiños. Dezasete pinchos diferentes que poder degustar nos diferentes locais hostaleiros. Acepta o desafío e consegue probar todos os petiscos, pois poderías ter premio:

  • Agasallos irmandiños, até fin de existencias, para quen sele unha destas dúas rutas: Ruta Mínima(9 selos) e Ruta Total (os 16 selos)*. O cartón terase que depositar en calquera dos seguintes locais: Parrillada Montevideo, Celme Café, Casa Sabina, Restaurante Vía Rápida ou no Stand da Organización (na praza do Concello, agás o sábado á noite que se transladará ao campo da festa). Os cartóns deberán ter os datos de contacto cubertos e indicar o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado. O pincho da organización non entra nas valoracións nin precisa selarse.
  • Ademais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un lote de produtos MAHOU en función do peso da persoa gañadora.

Nesta ligazón podes consultar todas as tapas e os locais onde se preparan.

 

*O Bodegón A Lareira non participará nos IX Pinchos Irmandiños, por motivos familiares.