Unha carreira nocturna para todos, medida en… legua!

No marco do Asalto ao Castelo de Vimianzo, a organización prepara a segunda edición dunha especial carreira que se celebra o sábado 18 de xuño. A distancia está baseada nas antigas unidades de medida, sendo a maior coincidente cunha Legua (aproximadamente 5 quilómetros e medio).

legua irmandinha

Pedro Nimo foi o gañador da I Legua Irmandiña

Tralo éxito da edición anterior, na que gañara o atleta Pedro Nimo, este ano contará con varias novidades: o horario avanza máis cara á noite, para podela celebrar cos últimos raios do sol. Ademais, todos chegarán á meta no castelo de Vimianzo.

Tamén se celebrará unha carreira integradora, para que as persoas con diversidade funcional poidan gozar deste evento deportivo.

Haberá cinco saídas para as diferentes categorías:

II Legua Irmandiña

Os actos da proba concluirán con animación musical no foso do castelo, alén da cerimonia de entrega de premios e do avituallamento de bebida e comida.

O prazo de inscrición para todas as categorías fecharase o xoves 16 de xuño ás 23h59. As categorías absolutas poderán facelo a través da web www.championchipnorte.com (5€ inscrición) e as categorías de base e a carreira integradora a través desa mesma web ou en deportes@vimianzo.gal (gratuíta, con autorización asinada).

Organizan: club de atletismo vimiancés Terra de Soneira, o Concello e A.C. Cherinkas.

Para máis información, CONSULTA AS BASES

II_LEGUA_Irmandiña