Concurso para promocionar a camisola do XX Asalto

Seguindo a premisa de facer cousas especiais por ser o XX aniversario da festa do Asalto ao Castelo, este ano realizarase un concurso de fotografía que terá como premio ser o primeiro posuidor da camisola deste 2015.

Xa falta menos para presentar ao público a nova e máis que exclusiva camiseta deste ano, pero antes de nada queremos premiar a túa fidelidade. Con motivo do vixésimo aniversario do Asalto ao Castelo, decidimos organizar un concurso de fotografía un tanto particular.

Os dous primeiros clasificados serán premiados coa nova CAMISETA irmandiña e terán o privilexio de ser fotografados con ela para converterense nos “presentadores” oficiais da nova prenda 2015.

Bases do concurso:

  • Enviar unha única imaxe na que aparezan visibles calquera das camisetas de anteriores edicións. Remexe nos vinte anos de Asalto e escolle a que máis che apeteza!
  • A foto pode ser tomada onde queiras e como queiras, só tés que empregar un chisco de imaxinación.
  • Podes mandárnola en calquera formato e con calquer efecto. Terase en conta a túa creatividade e non a técnica.
  • Só serán válidas as fotografías que se envíen por mensaxe privada ao perfil do Facebook do Asalto ao Castelo. Recorda: SÓ ao Facebook.
  • As imaxes serán subidas ao perfil do Asalto ao Castelo a medida que as vaiades enviando. Isto significa que canto antes a envíes, máis posibilidades terás!
  • Os donos das dúas fotos que máis “Gústame” obteñan serán os gañadores.

O prazo remata o xoves 23 de abril ás 23:59h.

Queres ser o primeiro en lucir o deseño do 2015? Pois xa sabes! Anímate!