I Legua Irmandiña, unha novidade máis para o 20º Asalto

No marco da próxima edición do Asalto ao Castelo, e como parte da iniciativa de darlle un toque diferente ao ser o XX aniversario, a organización tamén acollerá o deporte no seu programa.

O venres 26 de xuño, a partir das 21h celebrarase a I Legua Irmandiña, carreira popular nocturna cunha distancia aproximada de 5,5 km na súa categoría absoluta. Iremos desvelando máis información desta proba diferente ao longo das vindeiras semanas.