Os Pinchos Irmandiños xa teñen gañadores
A sétima edición dos Pinchos Irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo, celebrada do martes 1 ao sábado 5 de xullo, deixou bo sabor de boca. E non só para os comensais, senón tamén para a organización, xa que aínda ampliando un día máis a duración deste certame gastronómico o éxito de público foi rotundo. Como cada ano, os Pinchos teñen premio e recoñecementos especiais.
– Tras o sorteo realizado ás 20:00h na Casa de Cultura, coa presenza de boa parte dos bares que participaron nos pinchos, O Restaurante Vázquez, co seu pincho “Rollos da Marquesa” resultou gañador da VII Edición dos Pinchos Irmandiños.
– A mellor decoración para o Restaurante Montevideo. Ambos gañaron por ampla maioría.
– Yolanda Gerpe Cures foi quen de completar unha das rutas de pinchos que foi selando nos dezasete establecementos que participaron. E o seu cartón foi o escollido no sorteo dun lote de produtos de cervexa Mahou tan grande como o peso da gañadora.